miércoles, 22 de marzo de 2023

CÓMIC + ACTIVIDADE

 




ACTIVIDADE SOBRE O CÓMIC

A seguinte actividade está pensada para unha clase de lingua galega, por nivel, do primeiro curso de educación secundaria. O obxectivo será coñecer o refraneiro galego, fomentar a creatividade e mellorar a expresión oral.


ACTIVIDADE

O can e o gato do anterior cómic utilizan refráns sobre eles mesmos pero... creedes que saben o que significan realmente? Por parellas, identificar os tres refráns que aparecen no cómic e tratar de explicarllos aos vosos compañeiros/as da forma máis sinxela posible.


¿Que máis refráns coñecedes? Creade o voso propio cómic utilizando polo menos tres refráns, os cales teredes que explicar o seu significado posteriormente. 


jueves, 16 de marzo de 2023

ACTIVIDADES EDUCAPLAY - RODA DE PALABRAS



ACTIVIDADE EDUCAPLAY

A seguinte actividade está pensada para unha clase de lingua galega de 3ºou 4º de educación secundaria. Os obxectivos que persegue a actividade son mellorar o vocabulario, coñecer novas definicións e corrixir os castelanismos.

ACTIVIDADES EDUCAPLAY - SOPA DE LETRAS


ACTIVIDADE EDUCAPLAY

A seguinte actividad consiste nunha sopa de letra onde os alumnos deberán atopar vocabulario sobre o entroido. Está pensada para o primeiro curso de secundaria e os seu obxectivos é mellorar o vocabulario sobre o entroido en lingua galega.

ACTIVIDAD CON EL AVATAR (VOKI)

ACTIVIDAD CON EL AVATAR

En el siguiente enlace podemos encontrar a nuestro avatar, Superchef:

 AVATAR


La siguiente actividad está pensada para una clase de lengua gallega con el ojetivo de mejorar y adquirir vocabulario sobre la comida y alimentación, eliminando de esta manera faltas de ortografía y castellanismos. Por nivel, está destinado a primero o segundo de secundaria.


ACTIVIDADE CO AVATAR

O noso superchef necesita atopar alimentos para preparar o seu menú semanal. Pero hai un problemas, hai moitos alimentos con faltas de ortografía ou directamente mal escritos. Debes axudar ó superchef e seleccionar só aqueles alimentos que estean escritos de forma correcta. Ademáis, debes corrixir os que estén mal escritos para poder incorporalos ao menú do superchef. Imos aló!



Plátano, laranxa, pera, mazá, fresa, cereixa, kiwi, patata, cogombro, guisante, brócolo, repolo, coliflore, queso, yogur, manteigo, xelado, ovo, fariña, azúcar, albahaca, pemento, remolacha, ourégano, ciruela, avellá, zenoria, cebola, pemente, mango.


martes, 14 de marzo de 2023

ACTIVIDADES SOBRE LOS DOCUMENTOS - DOCUMENTO 2

 

DOCUMENTO 2

ACTIVIDAD FINAL: Propón una actividad, relacionada con tu especialidad, que implique algún entorno o recurso mencionado en este documento.

Después de leer el documento 2, y de conocer algún nuevo recurso tecnológico, decidí realizar una actividad que tenga como protagonista Audacity. A través de este software de edición de audio se propondrá a los alumnos que graben su propia crónica periodística.

A continuación, la tabla de la actividad propuesta a partir de este documento:

Nome da actividade

A Crónica

 

Descrición

O obxectivo final da actividade será que cada alumno poida gravar a súa propia crónica en formato podcast. Para isto, o docente presentará o formato podcast e o xénero da crónica ao alumnado, a través de exemplo.

Temporalización

50 minutos

Contidos

-          O podcast

-          A crónica

-          Audacity

-          Os medios de comunicación

-          Expresión oral

-          Expresión escrita

Obxectivos

-          Practicar a expresión escrita

-          Practicar a expresión oral

-          Coñecer a aplicación Audacity

-          Mellorar no uso das TIC

-          Coñecer o que é unha crónica

-          Coñecer o mundo do podcast

-           

Metodoloxía

O docente iniciará a relación co alumnado presentando o formato podcast ao alumnado. Para isto, realizará unha pregunta xeral sobre se coñecen este formato e pedíndolle exemplos dos mesmos, sempre buscando a interacción e a participación activa do alumnado para, a continuación definir o podcast e presentar as similitudes e diferenzas deste coa radio, a través de exemplos concretos.

 

Estes exemplos servirán aos estudantes para a súa identificación e clasificación. Para a proposta destes exemplos usarase a plataforma Ivoox (https://www.ivoox.com/) onde podemos topar numerosos tipos de podcast de multitude de temáticas.

 

A continuación, exporase que é unha crónica. O docente explicará, de xeito atractivo e ameno ao alumnado que é unha crónica. Para elo, buscará exemplos na prensa de diferente temática: deportiva, musical, de viaxe, etc.

 

O docente presentará o obxectivo final da proposta didáctica, que será a gravación dunha crónica individual por parte de cada alumno en formato podcast. Para iso, utilizaremos a aplicación Audacity. Cada crónica deberá ter unha extensión aproximada de dúas carillas, o que serán aproximadamente uns tres ou catro minutos de duración en formato audio.

 

Materiais

Materiais inventariables:

-          Un ordenador

-          Unha presentación de PowerPoint



viernes, 10 de marzo de 2023

ACTIVIDADES SOBRE LOS DOCUMENTOS - DOCUMENTO 1

 

ACTIVIDADES SOBRE LOS DOCUMENTOS

DOCUMENTO 1

ACTIVIDAD FINAL DE REFLEXIÓN: ¿Cómo crees que podría ser un docente innovador (por medio de un enfoque metodológico alternativo a las dinámicas habituales, de desarrollo de algún tipo de tarea…) en la didáctica de una lengua en educación secundaria?

Tal y como se recoge en los apuntes de la materia, un docente innovador es aquel que es capaz de superar las prácticas pedagógicas tradicionales y plantear nuevas opciones y respuestas a los retos generados en las dinámicas de enseñanza-aprendizaje.

Teniendo en cuenta que todo proceso de innovación educativa debe partir de una investigación o una indagación previa, el docente deberá llevar a cabo en primer lugar un análisis exhaustivo de sus alumnos, atendiendo de esta manera a sus intereses.

Pongamos un ejemplo más práctico. Imaginemos un aula de 12 alumnos de la materia de Lingua Galega e Literatura. El docente, tras un primer análisis y conocimiento de sus alumnos, detecta que la mayoría del grupo-clase comete muchos errores a la hora de hablar en gallego y que, la mayoría de ellos, utilizan numerosos castellanismos que interfieren en el correcto uso de la lengua gallega.

En este caso, el docente podría llevar a cabo una metodología de aprendizaje innovadora: una metodología de aprendizaje basada en juegos. El docente se podría valer de juego Vacaloura, un juego de mesa sobre la lengua gallega.

Vacaloura consta de 500 cartas con un total de 2000 preguntas diferentes y miles de palabras con dos significados más variados, lo que lo convierte en un juego apto para todas las edades y niveles de conocimiento de la lengua gallega. Una de las finalidades de este juego es, en la medida de lo posible, intentar contribuir a la eliminación de los castellanismos.

A través de una propuesta didáctica elaborada basada en el juegoVacaloura, el docente podrá llevar a cabo una metodología innovadora.

 

Fuente: https://ozocogz-atenda.com/p/vacaloura-xogo-de-mesa 


Nome da actividade

A xogar con Vacaloura!

 

Descrición

 A actividade levarase a cabo mediante o xogo Vacaloura. O/A docente pedirá ao alumnado que se divida en catro parellas (a clase está composta por oito alumnas e alumnos). Cando se formen estás parellas, abriremos o xogo Vacaloura e repartiranse as quendas por medio dunha pregunta das tarxetas do xogo: a primeira parella en responder será a primeira en xogar, e a continuación, seguiranse as quendas en sentido das agullas do reloxo.

A parella que vén detrás da parella que comeza a xogar será a responsable de lerlle ás preguntas, e así sucesivamente no resto de quendas.

Seguirá un sistema de puntuación para avanzar polo taboleiro:

-          1 punto: resposta correcta

-          3 puntos: resposta correcta + xustificación da resposta

Por exemplo, se a pregunta é: cal é a forma correcta de escribir a palabra “lóstrego”? Se a parella correspondente acerta e xustifica a súa elección respondendo que leva til porque é unha palabra esdrúxula, esa parella avanzará 3 puntos.

Ademais disto, cada parella contará , ou ben cun dicionario de lingua galega ou ben cun ordenador para poder consultar a rag.es para posibles dúbidas que poidan xurdir unha vez contestado ás preguntas.

En suma, cada alumno/a deberá ter unha “libreta vacaloura”, que terán que ir completando con novo vocabulario ou con normas ortográficas que descoñezan. Desta maneira cada alumno/a confeccionará o seu propio “dicionario vacaloura”.

Temporalización

50 minutos

Contidos

- Léxico, ortografía, gramática, verbos, xentilicios, toponimia, neoloxismos, hiperenxebrismos, linguaxe administrativa, linguaxe inclusiva, etc. en lingua galega

- Traballo  en equipo

- Resolución de conflitos

- Habilidades sociais e comunicativas

- Autonomía persoal

- Reflexión e pensamento crítico

Obxectivos

-          Construír e expresar opinións propias con fluidez, con coherencia e cohesión

-          Escoitar ós compañeiros e intercambiar puntos de vista.

-          Ser capaz de traballar en equipo

-          Fomentar a toma de decisións

-          Potenciar o desenvolvemento de roles de actuación

-          Favorecer a autonomía do alumnado

-          Xerar interese pola lingua galega

-          Adquirir unha boa competencia escrita da lingua galega

-          Favorecer a comunicación oral da lingua galega

-          Potenciar a expresión das emocións

-          Adquirir unha comunicación asertiva

-          Eliminar castelanismos

-          Potenciar a riqueza cultura da lingua galega

Metodoloxía

Esta actividade levarase a cabo a través dunha metodoloxía de aprendizaxe baseada no xogo vacaloura, que será o seu fío condutor.

Os alumnos e alumnas adquirirán un papel protagonista e activo do seu aprendizaxe, respondendo preguntas e completando a súa “libreta vacaloura”, ademais de debater sobre as respostas coa súa parella e “discutir” sobre as normas ortográficas co resto da clase

O rol do/da docente será o de facilitador do aprendizaxe. Servirá como guía ó alumnado e será o/a responsable de dar ou non por válido as xustificación das respostas.

Materiais

Materiais inventariables:

-          Dous  ordenadores

-          Xogo Vacaloura

-          Dous dicionarios da Real Academia Galega

-          Unha libreta por cada alumno participante

-          Bolígrafos



CREACIÓN DE UNA PRESENTACIÓN MULTIMEDIA CON MOOVLY

  Os xéneros xornalísticos - Made with Moovly